Idioma:

ESP -

GAL

ARTESANS DO EUME

-

A Asociación de Artesáns do Eume é unha asociación sen ánimo de lucro constituída no 2003 que ten como finalidade principal a promoción e potenciación do desenvolvemento económico, social e cultural das actividades artesanais na comarca do Eume. Na actualidade está formada por unha vintena de artesáns entre os que podemos atopar canteiros, fiadoras, torneiros, ceramistas, palilleiras, restauradores, alimentación... Para levar a cabo os seus fins a Asociación proponse:
a) Incentivar a recuperación dos oficios artesanais tradicionais.
b) Valorizar a dimensión cultural da artesanía.
c) Difundir e promocionar a artesanía do Eume no ámbito autonómico, estatal e internacional.
d) Realizar un inventario de artesáns e artesás do Eume.
e) Favorecer a interrelación entre as persoas que se adican á artesanía.
f) Fomentar a comercialización dos productos artesáns.
g) Difundir nos medios de comunicación as actividades artesanais da comarca do Eume.
h) Mostrar “ao vivo” as técnicas das diferentes actividades artesanais
O ámbito de actuación principal da Asociación de Artesáns do Eume é o ámbito territorial da comarca do Eume, formada polos concellos de A Capela, Cabanas, Moeche, Pontedeume, Vilarmaior, San Sadurniño, As Somozas, As Pontes e Monfero.

Oitenta e cinco asociacións e federacións de artesáns de toda España unímonos en torno á campaña "Actividade artesá a tempo parcial" para conseguir que a artesanía se contemple como actividade que poida desenvolverse a tempo parcial e cotizar á Seguridade Social de acorde ás horas reais de traballo. ARTESANÍA SOS (+ Seguirl lendo)

2011-PROXECTOS EN MARCHA:

Continuar co estudio de investigación sobre os oficios artesanais tradicionais e o uso dos recursos naturais por parte dos artesáns na comarca do Eume.

Desenvolvemento do Proxecto “Artesanía para todos”, dentro do que caben destacar as seguintes actividades:

3ª Xornada de Artesanía”, que se realizará nas Pontes, coincidindo coa “Feira de Fungos e Cogomelos”, o 1 de Novembro do 2011. Como en anos anteriores, está previsto realizar unha pequena exposición con pezas dos nosos artesáns, que sirva de marco ás demostracións ao vivo que se farán: torneado, traballo da pedra, fiado de la, cestaría, bordado, pirogravado, palilleiras, calceta,…. Actividades nas que o público xeral pode participar coa axuda dos distintos artesáns e incluso levar para a casa algunha peza sinxela feita por el mesmo.

Obradoiros, comezando  no mes de Abril, desenvolveranse  ao longo de todo o ano 2011. [+info]

Exposición das Artesás da Asociación co gallo do Día da Muller, en colaboración co servizo de igualdade do Concello das Pontes.

ENTREGA DE PREMIOS III XORNADA DE ARTESANÍA
[+] INFO


 

Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org